(pt) GALIZA , PONTEVEDRA. Xornadas da Memoria Libertaria “Miguel C arballido Carballido”

a-infos-pt ainfos.ca a-infos-pt ainfos.ca
Sexta-Feira, 13 de Abril de 2007 - 21:24:05 CEST


Xornadas da Memoria Libertaria “Miguel Carballido”, en Pontevedra
Programa:

Inauguración: Luns, 16 de abril, ás 20 horas, coa charla-coloquio “Memoria
Libertaria e Anarcosindicalismo hoxe” a cargo de Miguel A. Cuña.

Presentación do documental “Patagonia, utopía libertaria” co director do
filme, Xan Leira, o martes 17 de abril, ás 20 horas.

Charla sobre “A resistencia libertaria contra o franquismo en Galicia” a
cargo do historiador Dionisio Pereira , mércores 18 de abril, ás 20 horas.

Proxección de “Recursos Humanos”, filme de 1999 do director Laurent Cantet
o xoves 19 de abril ás 20 horas.

Remate das Xornadas coa actuación do Coro Libertario de Vigo, o venres 20
de abril ás 21 horas.

Exposición “Memoria Libertaria”: Do luns 16 de abril ó
venres 20 de abril, de 17 a 21 horas.

Tódolos actos terán lugar no Salón de Actos do Edificio Sindical, sito na
rúa Pasantería, 1 baixo. Pontevedra.





More information about the A-infos-pt mailing list